Palabras a Mares


Mira as follas; nelas, tras delas..., o universo

domingo, 16 de marzo de 2014

Videopoema: "Xaneiro 1972, II" de CELSO EMILIO FERREIRO

Velaí tres estrofas do poema "Xaneiro 1972, II" do libro Onde o mundo se chama Celanova de Celso
Emilio Ferreiro.

 Moraima (Xaneiro 1972, II). CELSO EMILIO FERREIRO on PhotoPeach

martes, 4 de marzo de 2014

Presentación: Os libros que lemos

Esta é unha presentación previa ao libro proposto para lectura.

Enlace á presentación Os libros que lemos:
http://www.slideshare.net/macaresro/presentacin-o-cazador-de-estrelas-31914964


Educación e tecnoloxía





Ratón del ordenador
                                 

                                 Só unha ferramenta, pero indispensable

   As novas tecnoloxías son unha ferramenta indispensable  no mundo actual e, polo tanto, no ámbito educativo. A utilización de ordenadores, cámaras ou móbiles é imprescindible para o desenvolvemento da competencia dixital. Iso significa que o alumnado ten que manexar estas tecnoloxías e o profesorado ten que deseñar e organizar o seu traballo con este obxectivo.
   Non obstante, podemos dicir que o manexo de medios informáticos é só iso: unha ferramenta. Para acadar unha boa competencia dixital e informacional, a comprensión, a análise, a valoración, a creación de nova información e a súa difusión son a clave. Así o afirma Jordi Adell, profesor da Área de Didáctica da Universidade Jaume I e autor dunha interesante páxina web. 
   Esta competencia informacional pode lograrse sen soportes tecnolóxicos, e así foi ao longo da historia da Humanidade, pero é preciso admitir que estes facilitan a tarefa enormemente. E non só iso: fan posible que a actividade se centre no alumnado, poden mellorar o traballo en grupo, a realización de actividades reais ou con "sentido" e o uso das TIC de forma natural.
   Con todo, non convén esquecer que a innovación tecnolóxica, ela soa, non significa innovación didáctica.

mércores, 26 de febreiro de 2014


Este é un blog da materia de Lingua e literatura, para compartir libros e lecturas.