Palabras a Mares


Mira as follas; nelas, tras delas..., o universo

martes, 4 de marzo de 2014

Educación e tecnoloxía





Ratón del ordenador
                                 

                                 Só unha ferramenta, pero indispensable

   As novas tecnoloxías son unha ferramenta indispensable  no mundo actual e, polo tanto, no ámbito educativo. A utilización de ordenadores, cámaras ou móbiles é imprescindible para o desenvolvemento da competencia dixital. Iso significa que o alumnado ten que manexar estas tecnoloxías e o profesorado ten que deseñar e organizar o seu traballo con este obxectivo.
   Non obstante, podemos dicir que o manexo de medios informáticos é só iso: unha ferramenta. Para acadar unha boa competencia dixital e informacional, a comprensión, a análise, a valoración, a creación de nova información e a súa difusión son a clave. Así o afirma Jordi Adell, profesor da Área de Didáctica da Universidade Jaume I e autor dunha interesante páxina web. 
   Esta competencia informacional pode lograrse sen soportes tecnolóxicos, e así foi ao longo da historia da Humanidade, pero é preciso admitir que estes facilitan a tarefa enormemente. E non só iso: fan posible que a actividade se centre no alumnado, poden mellorar o traballo en grupo, a realización de actividades reais ou con "sentido" e o uso das TIC de forma natural.
   Con todo, non convén esquecer que a innovación tecnolóxica, ela soa, non significa innovación didáctica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario